A oposición intensifica ás criticas contra Fole tralo pleno de onte

     VILAGARCÍA> A oposición de Vilagarcía: PSOE, BNG e Esquerda Unida coinciden en censurar duramente a actitude de control…

    {flowplayer}images/salnes/bng_psoe_pleno_villa.flv{/flowplayer}

     … á sesión plenaria de onte. Os grupos de esquerdas critican que a Policía Local procedese ó control e mesmo á identificación mediante a petición do DNI de varias das persoas que se achegaron para presenciar in situ o pleno de onte. Desde o PSOE aseguran que esta medida desproporcionada lles dá vergoña allea e que resultou, amais, un espectáculo vergoñento para a cidadanía. O grupo que lidera Tania García foi máis aló cualificando de horrorosa educación a actitude do Alcalde cando, ó fío das explicacións que se pedían desde o PSOE sobre o cobro supostamente irregular do edil de cultura de subvencións desde a súa empresa privada; o rexedor lles contraatacou insultado e descualificando ós demais edís dun xeito déspota. Entenden os socialistas que actitudes coma este só xeran un maior desapego e afastamento dos cidadáns ca clase política local.

    O BNG pide directamente a dimisión de Fole por non saber levar adiante máis políticas que as de sangrar ós veciños e coartalos nas súas liberdades como cidadáns ca súa actitude “prepotente, impositiva, demagóxica e insultante. Piden os nacionalistas que se rache esa lista de asistentes identificados do pleno de onte.

    Esquerda Unida de Vilagarcía non se queda nin moito menos atrás nas súas críticas sobre o acontecido no pleno de onte. Aseguran os de Juan Fajardo que esta deriva antidemocrática do Goberno local só ven a deteriorar a relación entre os veciños e o Concello. Cualificaron ó PP vilagarcián de cidamófovo; e mesmo chegaron a asegurar que o Alcalde Tomás Fole pedira coñecer a “lista negra” confeccionada esa tarde; é dicir, que segundo os esquerdistas quixo coñecer a relación de veciños e traballadores que estaban neste pleno. Un feito para eles máis que censurable.

    Pola súa parte, desde o Goberno local desmenten que ninguén lle tivera dado ordes á Policía Local de identificar ós veciños que acudiron ó Pleno; simplemente puideron excederse no celo de cumprir o seu deber no control habitual de visitantes ó Concello. Ó mesmo tempo, garanten que os datos recollidos por este corpo de seguridade están referenciados pola Lei de Protección de Datos; co que só serán usados polas forzas locais en cuestión de seguridade; máis nada. A explicación á lea de onte por parte do PP reside no numeriño que o líder de EU Juan Fajardo quixo orquestrar para non escoitar a realidade de que o PP conseguiu endereitar a economía municipal; unha desfeita que deixara en herdanza o executivo bipartito anterior ca conivencia de Esquerda Unida.

     Redacción Salnés