‘A provincia de Pontevedra será un escenario artístico privilexiado’

    festibaixas copia.jpg PONTEVEDRA> O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, participou na presentación do Festival Internacional de música, danza e teatro que terá lugar do 1 ó 23 de xullo.

    {flowplayer}images/salnes/FESTIVAL_MUSICA_RIAS_BAIXAS.flv{/flowplayer}

    Do un ó 23 de xullo pasarán polas cidades de Pontevedra e Vigo os Ballets nacionais de España e Uruguai, o teatro de Brecht ou Genet, ‘A ópera dos tres reás’ con Luís Tosar, ou a mezzosoprano Teresa Berganza para impartir unha clase maxistral. Son só algunhas das citas que compoñen a programación de ‘Festibaixas’, o primeiro festival internacional Rías Baixas de música, danza e teatro que esta mañá se presentou en Pontevedra.

    ‘Festibaixas’ completará a programación deseñada pola Xunta para conmemorar este 2011 o Ano da Música. Artistas como Luz Casal, Ana Belén, o grupo folk Sondeseu ou a actriz Verónica Forqué como protagonista de ‘Shiley Valentine’ engádense a este evento, que foi promovido polo actor Sancho Gracia, o produtor Celestino Aranda e o director de escena Miguel Narros.

    Redacción Salnés