ACERGA valora positivamente a suba do TAC de xurelo pero demanda máis xarda

PORTO DO SON> A tan só unhas semanas da aprobación dos TAC en Bruxelas, a Asociación do Cerco Galego valorou positivamente o incremento da cota para o xurelo na zona novena A. Pola contra critican os recortes na xarda, unha especie en abundancia.

O incremento da cota de xurelo en máis dun sesenta pro cento na zona novena A do Cantábrico Noroeste suporá un respiro para a flota galega do cerco.

O dato negativo atopámolo na redución da xarda, unha especie con importantes restricións a pesar da súa abundancia.

Os cerqueiros demandan tamén a recuperación da cota de bocarte, ante a escaseza de sardiña que actualmente se atopa inmersa nun plan de recuperación.