UPBoiro pide novamente a reforma integral do mercado

    BOIRO> O portavoz desta formación política, Javier Chouza, considera prioritaria esta actuación, ó tratarse dun dos eixos vertebradores da economía local. Despois de reclamalo por activa e por pasiva en máis dunha ocasión, mesmo chegando a presentar mocións ó respecto para o seu debate en pleno, Unión Popular de Boiro, volve a insistir na necesidade de acometer unha reforma integral do actual mercado municipal. agora farao a través das alegacións que esta formación política presentará ós orzamentos municipais para o presente exercicio. Para Javier Chouza, a actuación que prevé realizar o concello é insuficiente, e non é máis que un lavado de cara ás instalacións, que segundo el necesitan unha reforma máis integral. Pon como exemplo outros concellos veciños, como é o caso de Ribeira ou Pobra, que si están a traballar pola reforma dos seus mercados. Chouza quixo amosar tamén o seu posicionamento respecto ó anteproyecto de Lei que pretende aprobar o Goberno Central que podería supor a supresión do partido xudicial de Ribeira. Así ten previsto presentar unha moción para o vindeiro pleno que agarda teña tamén o respaldo do resto de forzas políticas con representación municipal.