RIANXO> A pasada noite producíase un accidente mortal en Rianxo. Pouco antes das dez da noite un home foi atropelado por un turismo que circulaba pola zona portuaria. Os equipos sanitarios desprazados á zona tentaron reanimar á vítima durante máis de media hora sen éxito.
O falecido é un veciño da localidade de sesenta anos. Tamén precisou atención médica o condutor do vehículo implicado, un rianxeiro de vinte e catro anos que sufriu unha crise nerviosa.
Ata o lugar desprazáronse tamén dotacións da policía local e da garda civil de Rianxo así como un equipo de bombeiros de Boiro. Abriuse unha investigación para determinar as causas do sinistro aínda que todo apunta á falla de visibilidade posto que se trata dunha zona sen apenas iluminación.