Boiro inicia o pago das axudas do PEL-Reactiva

BOIRO> En total serán 170 as empresas e autónomos beneficiadas por estas axudas. Aquelas que resultaron máis afectadas durante a pandemia. As achegas teñen un importe total que supera os 334 mil euros.

Boiro inicia o pago dunha parte das axudas do PEL-Reactiva, que concede a través da Deputación da Coruña destinadas a empresas e autónomos que resultaron máis afectadas durante a pandemia . En total serán 170 achegas que suman máis de 334 mil euros.

Segundo informaron fontes municipais as solicitudes presentadas foron puntuadas segundo os criterios establecidos nas bases, iguais para tódolos concellos da provincia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí