Reclaman piso de caucho nos parques infantís de Vilagarcía

    parque_xunqueira100.jpgVILAGARCÍA> Un grupo de pais e nais levan máis dun ano reclamando ó Concello que coloque piso de caucho nos parques infantís.

    {flowplayer}images/salnes/parques_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Un grupo de pais e nais de Vilagarcía levan máis dun ano reclamando ó Concello que coloque piso de caucho nos parques infantís do municipio.

    As protestas canalízanse a través dun grupo de Facebook, ‘Queremos los parques de Vilagarcía de Arousa sin tierra’, creado por Óscar Serantes. Este veciño advirte que en parques como este da Xunqueira os chan de terra resulta moi perigoso para os cativos.

    O grupo aproveitou as recentes actuacións que fixo o Concello nos parques da Compostela e Ravella e volveu reclamar vía internet a colocación dun solo de goma ou caucho. Pero non houbo resposta.

    En plena campaña electoral, o asunto é recollido nos programas dos diferentes grupos políticos. Nuns máis que outros, por iso, este grupo de pais espera que quen se faga co goberno municipal atenda as súas demandas.

    Amais de piso de goma ou caucho, estes pais consideran que se deben repoñer tamén os xogos, sobre todo neste parque da Xunqueira, creado hai máis de 15 anos.

    Redacción Salnés