Fernández felicita a García pola loita contra a violencia de xénero

    seguridade_vilagarciacopia100.jpgVILAGARCÍA> Esta mañá, o subdelegado do Goberno en Pontevedra, copresidiu xunto co alcaldesa de Vilagarcía a Xunta Local de Seguridade.

    {flowplayer}images/salnes/SEGURIDADE_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Este ano, a Xunta local de seguridade adiantouse a estas datas para que a policía local de Vilagarcía poda ter acceso á base de datos de seguimento de violencia de xénero. Deste xeito, a forza de seguridade poderá ter un acceso completo e en tempo real da situación das vítimas que están protexidas na localidade e introducir as novidades do caso. Delfín Fernández asegurou que o concello de Vilagarcía é exemplar no compromiso da loita contra a violencia de xénero.

     Segundo os datos policiais, aumentaron o número de denuncias. En 2009 situáronse en 92 mentres que no que vai de 2010 xa se realizaron 29. O subdelegado do Goberno realizou unha lectura positiva dos datos xa que, asegurou é necesario que os casos afloren.

     Outro dos temas candentes na localidade, é o número de accidentes. Fernández asegurou que a taxa está a descender grazas ás importantes medidas que se están a levar a cabo dende o concello.

    En canto ós delitos contra o patrimonio, os datos mostran un descenso continuado que se sitúa moi por debaixo da media española. Do mesmo xeito, aumentou a eficacia policial, situándose a taxa de delitos esclarecidos preto do 60%.

    O subdelegado do Goberno sinalou que xa saíu no BOE o anuncio de licitación do novo edificio da Garda Civil. As obras de construción das novas instalacións, cun custo de preto de 5 millóns de euros, teñen un prazo de execución de 15 meses.

    Redacción Salnés