![]()
VILAGARCÍA> O sindicato Comisións Obreiras reclama ó Instituto Galego de Promoción Económica que conceda urxentemente unha achega ó grupo….
{flowplayer}images/salnes/310709_alfageme.flv{/flowplayer}
…. conserveira Alfageme, que inclúe empresas como a antiga Conservas Peña ou Marsac. Esta situación puntual responde as posibilidades reais de reflote desta empresa que empresa a 300 persoas fixas ou fixas-discontinuas de xeito directo e outros moitos eventuais e indirectos.
Esta forza sindical cre que a empresa ten posibilidades reais de consolidarse no mercado, posto que os problemas actuais só derivan dunha mala xestión dos seus dirixentes, alleos ó sector cando se fixeron cargo da mesma; xunto ca importante cantidade de activos patrimoniais e de participacións noutras empresas, que conferían a mesma unha falsa idea de posibilidade de endebedamento ilimitado. Agora, estas forzas laborais reclaman esta axuda do goberno galego que debe estar suxeita obrigatoriamente a un consenso cos factores sociais para que realmente chegue a significar unha consolidación e crecemento da producción da empresa.
Agora, cando se dá por certo que os traballadores da factoría de Vigo aceptaron o seu traslado á Vilaxoán, os sindicatos dubidan que a venda destes terreos se destine ó capital da empresa e non se xestione directa e libremente polos actuais directivos. Polo que piden as entidades crediticias que participen no control do grupo empresarial ó través de nomeamento de xestores de prestixio. Comisións ven de solicitar asemade unha xuntanza na que estean presentes as Consellerías implicadas; as de Traballo, Mar e Economía e Facenda con representantes da propia empresa.
Redacción Salnés








