Novo atropelo en pleno casco urbano de Ribeira

RIBEIRA> Unha muller, duns setenta anos, resultou esta mañá atropelada por unha furgoneta de reparto cando cruzaba a estrada na Avenida da Coruña.

A consecuencia do golpe a muller sufriu varias contusións no seu corpo, aparentemente de escasa gravidade. Aínda así, e por precaución, foi evacuada en ambulancia ó Hospital da Barbanza para descartar danos maiores.

Xunto ó persoal sanitario do 061, ata o lugar do atropelo tamén se desprazaron efectivos de parque de bombeiros da localidade, membros do Grupo Municipal de Emerxencias e tamén varias patrullas da Policía Local. Estes últimos foron os encargados de controlar o tráfico na zona ata a evacuación da vítima.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí