Protección Civil da Pobra retira unha colmea de avespa velutina da igrexa do Castelo

    POBRA> Protección Civil da Pobra do Caramiñal procedeu á retirada dunha colmea de avespa velutina situada na cuberta da igrexa do Castelo. Para a súa retirada foi necesario empregar un camión-grúa, xa que o niño estaba a máis de dez metros de altura. Como se dunha película de ciencia ficción se tratara. Protección Civil da Pobra veuse obrigada a despregar un dispositivo especial para a retirada dun niño de avespa velutina, comunmente coñecida como avespa asiática, na propia cuberta da igrexa do Castelo. Para a súa retirada os voluntarios tiveron que ir provistos cos traxes de apicultor para evitar as posibles picaduras e empregar ademais un camión grúa, xa que a colmea estaba a máis de dez metros de altura. A retirada da colmea realizouse de noite ó ser esta hora a máis efectiva para a erradicación desta especie que está afectar en gran medida a Galicia. A presenza da colmea fixo saltar tódalas alarmas entre os vecinos, que foron os que deron o aviso no Concello para que se procedera a súa retirada. No que vai de ano Protección Civil da Pobra xa leva realizado varias retiradas de niños de avespa en distintas zonas do municipio.