![]()
PORTO DO SON> PP e AVS rexeitaron acudir ó pleno por terse convocado con tan só 24 horas de antelación e a piques de rematar a campaña electoral.
{flowplayer}barbanza/plantonoposicionson.flv{/flowplayer}
Critican ademais que moitas das obras incluídas na orde do día figuran no programa de PSOE e BNG como proxectos xa aprobados.
Dende o PP consideran que a actitude do executivo coa convocatoria deste pleno non fai máis de amosar a falla de diálogo do bipartito dende que asumiu as rendas do goberno municipal.
Pola súa banda, dende o goberno aclararon que foi preciso convocar antes da celebración das eleccións xa que hai puntos como o recoñecemento extraxudicial de crédito ou o cambio de finalidade dun préstamo que é preciso aprobar antes do remate da lexislatura.
Punto aprazado
Con respecto á sesión plenaria, a tenente de alcalde informou que se retirou da orde do día o contrato da obra da piscina municipal posto que entrou no concello a última hora da mañá un escrito de alegacións da empresa Copcisa á adxudicación da obra.
Á espera de que a secretaría estude o documento con maior detalle, o debate deste punto aprazouse. Ánxela Franco informou tamén que a Consellería de Medio Ambiente vén de darlle o visto bo á ubicación do tanatorio municipal.
Redacción Barbanza








