![]()
SALNÉS> O equipo asistiu ó sepelio do seu delegado, Moncho Fontán. O Ribadumia acadou a salvación en Carballiño, e no derbi, Céltiga e Arosa asinaron táboas.
{flowplayer}images/salnes/futbol_230511.flv{/flowplayer}
Descenderá o Cambados a Primeira Autonómica, pero vaino facer coa honra que lle outorga ter despedido onte ó seu delegado Ramón Fontán como el merecía. O equipo decidíu non asistir ó encontro ante o Porriño e sí acudir ó sepelio celebrado na Igrexa de Castrelo. Non se pode comparar un descenso coa inmensa dor que está a pasar estes días a familia do Cambados pola perda o venres de Moncho. O club pedirá ó Comité de Competición que se poida xogar o partido noutra data, aínda que todo apunta a que a proposta será rexeitada e perderán a categoría de xeito directo.
Non descenderá o Ribadumia que onte sacou adiante un encontro complicado en Carballiño. Os de Sorbet líbranse da queima logo de que o Arenteiro puxéralle as cousas moi difíciles, empregándose a fondo durante os 90 minutos. Berto adiantou ós visitantes no primeiro tempo, e pese a que Marconi empatou para o Arenteiro, un tanto de Diego Cebreiro mediado o segundo tempo puxo o 1 a 2 definitivo e permitíu controlar o partido ó Ribadumia, pese ós nervos que sufríu. Os da Senra desfrutarán outro ano máis do futbol da preferente. Como tamén o farán Céltiga e Arosa.
Derbi descafeinado porque ningún dos dous equipos se xogaba xa nada. Iso sí, ambos deron mostra do ben que acabaron a temporada cun encontro entretido que acabou en táboas. Aarón adiantou ós da Illa ó cuarto de hora pero Alex deullela volta ó partido con dous goles. Xa no segundo tempo, Edu Veiga reestableceu o empate que xa sería definitivo. O Céltiga remata quinto a liga e o Arosa duodécimo. O que abandona Preferente camiño da Terceira é o Sanxenxo e faino do mellor xeito posible, cunha victoria. Iso sí xa nun partido sen valor algún no que se impuxeron ó Cruceiro por 2 a 3 con tantos de Cuchi, José Ángel e Fernando Aguín, todos eles no primeiro tempo.
Redacción Salnés









