A Guía Peñín 2012 puntúa 160 Rías Baixas

    guiapenin copia100.jpgPONTEVEDRA> Os representantes da Guía sitúan os brancos da D.O. Rías Baixas como os mellores que se elaboran en España.

    {flowplayer}images/salnes/CATA_GUIA_PENIN.flv{/flowplayer}

    Vista, gusto e olfacto son os tres sentidos que entran en xogo para os catadores da Guía Peñín. O que buscan nos viños son matices que representen a variedade pero ó mesmo tempo dean personalidade ó caldo.

    A puntuación do 50 ó 100 será a que guíe a todo tipo de consumidores pola gran variedade de viños que se recollen nas páxinas da guía. Este ano, 160 marcas de Rías Baixas presentaron as súas mostras para estar incluídas na nova edición deste manual, que na do 2011 reseñou máis de 9.400 marcas.

    A pesares de que os catadores notaron unha baixada na exuberancia, na expresión e na frescura dos viños deste 2010 con respecto ó 2009, os responsables da Guía Peñín recoñecen a calidade dos brancos Rías Baixas.

    Nesta edición, a guía tamén dará o salto a Internet apostando polas novas tecnoloxías. A web recollerá, ademais do catálogo dos viños catados, información en directo das diferentes catas que se realicen.

    Redacción Salnés

    Comments are closed.