Encarnación González suplirá a Ruíz Rivas coma deputada autonómica

    encarnaciondeputadaautonomica.jpgBARBANZA> A aterraxe de Manuel Ruíz na alcaldía de Ribeira provocará unha vacante nas filas populares no Parlamento de Galicia que será asumida pola edil pobresa.

    {flowplayer}barbanza/encarnadeputadaautonomica.flv{/flowplayer}

    As consabidas baixas como deputados parlamentarios de Manuel Ruíz e Carlos Negreira, que asumirán as alcaldías de Ribeira e A Coruña, respectivamente, provocará unha nova composición nas filas do Partido Popular na Cámara Autonómica. Unha destas vacantes será asumida pola número catro do PP na Pobra do Caramiñal, Encarnación González, que se converterá na representante comarcal no Parlamento. A edil pobresa asume o novo reto con gran entusiasmo, aínda que é consciente de que terá unha difícil tarefa, como é a de suplir a Manuel Ruíz neste posto.

    Redacción Barbanza