O TSXG ordea o derrube dun edificio en Rianxo

    derrubeedificiorianxo.jpgRIANXO> O inmoble atópase nun estado ruínoso e o executivo local xa iniciara o expediente para a súa demolición no ano 2006.

    {flowplayer}barbanza/derrubeedificiorianxo.flv{/flowplayer}

    O expediente iniciábase no ano 2006, a través dun decreto de alcaldía, daquela baixo a presidencia do anterior alcalde, Pedro Piñeiro, no que se declaraba en estado ruínoso o inmoble. A partir de aí todo un proceso xudicial de varios anos, con sentenzas, primeiro do contencioso e despois do propio TSXG, e recursos presentados polo titular da farmacia, que se asenta nos propios baixos do edificio, e que se opoñía ó derrube. Dáse a circunstancia, de que é esta persoa,que xa non é a que rexenta actualmente o negocio, e non o propio propietario do edificio o que recorre a orde de derribo ditada polo concello.

    Sentenza favorable

    O fallo do TSXG é firme, e o executivo rianxeiro xa iniciou os trámites administrativos, para proceder ó seu derrube. Será un proceso longo, pero como sinalou o propio alcalde, Adolfo Muíños, beneficioso para os intereses do concello, xa que o inmoble, situado no cruce máis transitado da vila, supón un serio risco para peóns e condutores pola caída de cascotes e cristais da súa fachada, ademais da conseguinte mellora estética.

    Redacción Barbanza