RIANXO> O executivo rianxeiro está a executar diversas obras de reforma nas antigas dependencias da Policía Local, nos baixos da casa consistorial. A actuación ten coma principal finalidade a remodelación do espazo para adaptar os baños e facelos máis accesibles.
Hai varias semanas iniciábanse as obras de reforma nas antigas dependencias da Policía Local, nos baixos da casa consistorial. Segundo explicou o alcalde, Adolfo Muíños, a actuación ten coma principal finalidade a mellora deste espazo para adaptar os baños e facelos máis accesibles para persoas con algún tipo de diversidade funcional. As obras inclúen a renovación de todo o alicatado e os sanitarios, as portas de acceso e a instalación de nova fontanería para favorecer a accesibilidade xeral.
O proxecto conta cunha axuda da Xunta de Galicia de preto dos 37 mil euros.