![]()
VILAGARCÍA> Segundo a presidenta do comité de empresa, pronto se aprobará o concurso de acredores e o nomeamento dos administradores concursais.
{flowplayer}images/salnes/SOBREMESAS_CLESA_GRATIS.flv{/flowplayer}
Despois de facelo onte en Caldas de Reis, esta mañá os traballadores de Clesa saíron de novo á rúa, pero, nesta ocasión, ás de Vilagarcía para regalar ós veciños da vila unha mostra do seu iogur ‘crema bombón’.
Cada mostra incorporaba, ademais, unha etiqueta cunha lenda sobre a situación da factoría. Desde as dez da mañá, estes traballadores repartiron mil cincocentos iogures que comezaron a producir de novo o pasado venres.
Entre sorpresa e incredulidade, os transeúntes ían recollendo as súas mostras, aínda que algúns xa sabían que se ían instalar na Praza de Galicia. Iso si, todos admiraron a labor que están a facer estes traballadores por manter os seus empregos.
En canto á aprobación da entrada en concurso de acredores e ó nomeamento dos administradores concursais, a Presidenta do Comité de Empresa sinalou que agarda se faga efectivo nos vindeiros días, tal e coma lle confirmou onte o xuíz que leva o caso en Madrid.
Redacción Salnés









