Un morto e dúas feridas graves nun accidente en Caldas

    accidentecaldas copia100.jpgCALDAS> O condutor dun dos dous vehículos implicados, un veciño de Vilagarcía de 77 anos, morreu no acto e tivo que ser excarcerado polos bombeiros.

    {flowplayer}images/salnes/AccidenteCaldasMaio2011.flv{/flowplayer}

    Foi á unha menos cuarto da tarde cando un Renault Megan Vermello que circulaba por esta estrada, N-640, á altura de Caldas de Reis colisionou frontalmente cun Astra cor verde que viaxaba en dirección a Vilagarcía. O conductor deste último, de 77 anos de idade e veciño de Vilagarcía morreu no acto, e tivo que ser excarcerado polos bombeiros.

    Os ocupantes do Megan, tanto o conductor, de 20 anos de idade coma o seu acompañante de 17, son veciños de Meis.

    O falecido, de 77 anos era veciño de Vilagarcía. Con el viaxaban unha muller de 69 anos, de Neu Isemburg (Alemaña) e unha veciña de Caldas de Reis de 72 anos. Ambas mulleres foron trasladadas de urxencia, a primeira ó hospital do Salnés mentres que a segunda foi evacuada en helicóptero ó clínico de Santiago. Ata o lugar desprazáronse ademais 5 unidades da Garda Civil e un camión de bombeiros. A estrada permaneceu pechada durante máis dunha hora mentres se limpaba a vía. Mentres tanto ó tráfico foi desviado por vías alternativas.

    Redacción Salnés