Preséntase o cartel do XXI Festival de Bandas de Música de Meaño

    bandas_meanocopy.jpgMEAÑO> O certame celebrarase o día 29 de abril a partir das cinco da tarde. Coma de costume será na praza do concello.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_BANDAS_MEANO_130412.flv{/flowplayer}

    Banda Artística de Merza, Banda de Música O Rosal e Banda Unión Musical de Meaño. Este é o cartel da vixésimo primeira edición do Festival de Bandas de Meaño previsto para o vindeiro 29 de abril. Así o presentou o director da agrupación local, David Fiuza, acompañado, entre outros, polo alcalde, Jorge Domínguez. Segundo os organizadores tratábase de congregar a bandas da máxima calidade.

    Germán Tizón Freiría será o encargado, unha ano máis, de dirixilo certame que ocupará a praza do concello. Durante a presentación, tamén puidemos coñecelo logo desta edición froito dun concurso de carteis no que participaron nove persoas. O gañador, Santiago Luis Vázquez Torres, foi obsequiado cunha estancia na Quinta de San Amaro, cedida polo establecemento, e cun cheque por valor de trescentos euros, outorgado pola Banda de Música.

    Pola súa banda, o alcalde aproveitou a ocasión para comunicarlle á Banda do municipio que lles proporcionarán a axuda económica necesaria para asistir a un Festival de Bandas que se vai celebrar en Holanda.

    A vixésima primeira edición do Festival de Bandas de Meaño rematará coa interpretación por parte das tres agrupacións do Himno Galego.

    Redacción Salnés