![]()
VILAGARCÍA > O PP cre que o goberno da Xunta castiga de novo ó Salnés. Nesta ocasión acusan ó bipartito de rebaixar en máis de 7 millóns …
{flowplayer}images/salnes/enemdassalnes.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA > O PP considera que o goberno da Xunta castiga de novo ó Salnés. Nesta ocasión acusan ó bipartito de rebaixar en máis de sete millóns de euros os investimentos que prevía nas contas de 2008 para o vindeiro ano.
Poñen como exemplos o Plan Director do Hospital do Salnés, en 2009 recibirá un millón de euros canto en 2008 foron 5; e a autovía de Vilagarcía, con 12,2 millóns, cando en 2008 se prevían 15 millóns e medio.
Para recuperar eses sete millóns de euros, o PP reclamará a través de emendas a aceleración do Hospital do Salnés, un novo centro de saúde para Vilagarcía, e O Grove; e a ampliación da residencia de maiores de Vilagarcía. Tamén inclúen proxectos de saneamento para Ribadumia, Caldas, Cesures ou Valga. En materia de seguridade viaria, inclúen proxectos como o da PO-304 en Sanxenxo, ou a C-549 entre Vilagarcía e Cambados. Nas emendas do PP tamén se pide investimento para a área portuaria de Cambados.
Redacción Salnés








