Tan só o Vilalonga é quen de puntuar nesta xornada

futbol250_250208.jpgSALNÉS > Se a pasada xornada foron todo victorias para os equipos do Salnés, desta non se pode dicir o mesmo. Céltiga, Portonovo e Arousa caeron derrotados mentres que o Vilalonga deixou escapar dous puntos de San Pedro ante o Santa Comba.

Non foron nada ben as cousas, pero dentro do malas que foron as tres derrotas ningunha é preocupante. Basicamente porque os equipos de zona baixa perderon todos, polo que nin Portonovo nin Céltiga quédanse descolgados da loita por evita-lo descenso. Sí que o Vilalonga, co seu empate despídese definitivamente de toda opción de loitar polo playoff.

No Salvador Otero caeu o Céltiga por 0-1 despois de comete-los mesmos erros de sempre, falta de acerto e certa precipitación no ataque. O gol de Fran no minuto 13 decidíu e déullela victoria ó Verín.

Tamén caeu o Arousa en Ordes por 1-0, a mesma película. Control de balón dos de Laxes que non se reflectíu no marcador. Os locais aproveitaron unha das poucas que tiveron mediada a segunda parte, e leváronse os tres puntos.

En San Pedro Vilalonga e Santa Comba empataron a un gol. Partido carente de xogo atractivo, no que os locais se adiantaron no minuto 19 cun gol de John, que rematou o encontro expulsado. Empatou Luis no 65.

E en Vigo, o Coruxo tivo maior pegada que o Portonovo e levouse a victoria tras gañar por 2-0. Os locais beneficiáronse dun tanto tempranero de Javi Millos para xogar a favor de marcador ante un Portonovo que non soubo reaccionar.

Así as cousas, o Céltiga continúa en postos de descenso, a dous puntos da salvación que representa o Betanzos e a tres do Portonovo. Arousa e Vilalonga camiñan sen problemas na zona media da táboa.

Unha división por debaixo, en preferente Autonómica enorme partido do Ribadumia que venceu ó Arenteiro por 1-3, retomando así a senda do triunfo coma visitante; non se pode dicir o mesmo do Unión Grove que caeu co Pontellas por 2-0.

Redacción Salnés