Uns 300 escolares participaron na clausura de Axenda 21

    axenda21copy.jpgPONTEVEDRA> O Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e o de Educación, Xesús Vázquez, presidiron o acto.

    {flowplayer}images/salnes/AXENDA21.flv{/flowplayer}

    Máis de trescentos escolares de 18 centros de secundaria de Galicia participaron esta mañá no Pazo da Cultura de Pontevedra na clausura dunha nova edición do programa Axenda 21 Ecolar.

    Esta iniciativa, promovida pola Consellería de Medio Ambiente, e na que colaboran uns mil alumnos de 53 colexios, está pensada para facilitar a implicación dos centros na educación para a sostibilidade. Precisamente, Agustín Hernández lembroulles ós estudantes que coa súa participación neste proxecto contribuirán á conseguir un mundo máis sostible.

    O acto estivo presidido, ademais de polo o Conselleiro de Medio Ambiente, tamén polo de Educación, Xesús Vázquez. Baixo o lema ‘O alumnado é o protagonista’, cada centro presentou o tema sobre o que traballou no marco de Axenda 21 realizando proxeccións e debates posteriores nos diferentes seminarios integrados profesores e alumnado.

    O pazo acolle, ademais, a exposición ‘Un mundo de enerxía’ que destaca a importancia dos recursos enerxéticos.

    Redacción Salnés