En Marea esixirá medidas urxentes para mellorar o saneamento na ría de Noia

    NOIA> Representantes desta formación mantiveron un encontro con mariscadores para coñecer a súa situación, despois da volta a actividade tralo peche provocado pola marea vermella. A vicevoceira de En Marea, Carmen Santos e os deputados da comisión de Pesca no Parlamento Galego, Francisco Casal e Juan Merlo, trasladáronse ata a lonxa de Testal para manter un encontro con mariscadores deste pósito e coñecer de primeira man a súa situación trala volta a actividade despois de varias de peche obrigado pola marea vermella. A presenza da toxina veu a sumarse a una xa de por si mala campaña, debido fundamentalmente o escaso valor que está a adquirir o marisco en lonxa. Segundo ela boa parte destes problemas veñen provocados polo deficiente estado das estacións depuradoras. En Marea tamén defende a necesidade de reforzar as medidas de control no etiquetado do marisco que garanta a orixe do produto. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/17/enmarea_mariscadores_noia1711161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/17/enmarea_mariscadores_noia171116.mp4{/flowplayer}