Corenta anos educando ós cativos de Vilanova

    fotocolecopia.jpg VILANOVA> O CEIP San Roque cumpre corenta de historia. O centro está a preparar diversas actividades para celebrar este aniversario por todo o alto.

    {flowplayer}images/salnes/AniversarioColexioCoron.flv{/flowplayer}

    Moitos son os rapaces que estudaron nestas aulas e correron por estes corredores, ó longo dos 40 anos que leva aberto o CEIP San Roque de Vilanova de Arousa.

    Durante toda esta semana realizáronse xornadas de portas abertas para tódolos pais e para mañá estase a preparar o que será o día grande da celebración deste aniversario.

    O momento máis emotivo do día será a homenaxe que lles están a preparar á conserxe do centro. Leva traballando neste colexio dende o primeiro día que abreu as súas portas, e non deixou de facelo durante os 40 anos que leva aberto. Agora está xa a piques de xublilarse.

    Nestes momentos neste colexio hai 130 rapaces moitos menos dos que tivera anos atrás pero estase tratando de aumentar esta cifra.

    A día de hoxe o edificio estase reformando para mantelo nas mellores condicións e que siga sumando anos á súa historia.

    Redacción Salnés