RIBEIRA> A mellora da seguridade viaria en Aguiño será unha realidade grazas ó compromiso da Deputación da Coruña. O ente provincial destinará preto de 800 mil euros ó pavimentado e arranxo de deficiencias na rúa Francisco Lorenzo Mariño, unha das máis transitadas da parroquia.
A Deputación da Coruña asumirá a pavimentación da rúa Francisco Lorenzo Mariño, na parroquia ribeirense de Aguiño. Trala actuación xa acometida pola administración provincial, consistente na dotación de beirarrúas e servizos, quedaba pendente a pavimentación e arranxo dalgunhas deficiencias que agora se van acometer con cargo ós orzamentos do próximo ano.
Con esta actuación, a Deputación contribuirá a mellorar a seguridade viaria nunha das principais vías de comunicación da parroquia posto que dá acceso ó núcleo de Aguiño.











