Vilanova e Ribadumia acollen a previa da V Copa do Futuro

RIBADUMIA> A comarca do Salnés converterase esta fin de semana na quinta sede da Copa do Futuro, que organiza a Deputación de Pontevedra. O salón de plenos do concello de Ribadumia acolleu hoxe a presentación na que participaron o edil de deportes Jorge Abal e o director do torneo Bernardo Acevedo.

{flowplayer}images/salnes/CopaFuturo_260511.flv{/flowplayer} 

Un total de 16 equipos loitarán esta fin de semana no Salnés por tres pases á fase final da quinta edición da Copa do Futuro, que se disputará en Arcade o 11 e do 12 de xuño. Trátase dunha competición de futbol-9 para rapaces de 5 a 7 anos no que o aspecto formativo prima sobre o competitivo. Os 16 equipos estarán divididos en catro grupos que disputarán sendas liguiñas nos campos municipais do Terrón, en Vilanova. Iso será o sábado, o domingo celebraranse no campo da Bouza, en Barrantes, as eliminatorias, ás que accederán os dous mellores de cada grupo.

No Grupo A estarán Pontearnelas B, Unión Grove, Vilagarcía e Vilalonga. No Grupo B xogarán Ribadumia, A Reiboa, San Martín e Juvenil de Lérez. No C estarán Umia, Céltiga, Vilanova A e Pontearnelas A e no Grupo D competirán Cambados, Portonovo, Arosa e Vilanova B.

Os encontros comezarán ás 10:00 e extenderanse ata as 20:00, mentres que as fases finais do domingo serán de 09:30 a 13:00.

Ademais de ós gañadores, o torneo entregará o Trofeo Igualdade Coca-Cola, ó equipo máis deportivo. Instalarase tamén unha área lúdica para o entretemento dos máis pequenos.

Redacción Salnés