Unha ribeirense dá a luz na súa casa unha hora despois de recibir a alta no hospital

RIBEIRA> Unha moza de Ribeira daba a luz este venres na súa vivenda despois de recibir a alta no Hospital do Barbanza. A pesar de que a muller asegurou estar de parto a xinecóloga de garda mandouna á casa, onde tan só unha hora despois daba a luz coa axuda da súa nai.

Aínda que o nacemento dun fillo sempre é especial, de seguro que Andrea Vila non esquecerá nunca a chegada ó mundo de Eric, o seu terceiro neno. O pasado seis de novembro comezou a sentir contraccións e acudiu ó hospital do Barbanza onde ingresou por Urxencia. Sen embargo, tras examinala a xinecóloga de garda mandouna novamente a casa asegurándolle que aínda non estaba de parto. Tan só unha hora despois, Andrea daba a luz no salón da súa casa, asistida pola súa nai e ante a atónica mirada dos seus outros dous fillos, de tan só catro anos e vinte meses.

A pesar do mal trago, semella que o pequeno se atopa en bo estado aínda que permanece ingresado en observación e con antibióticos ante a posibilidade de que tragara líquido amniótico. O resto da familia trata de recuperarse animicamente desta dura experiencia, sobre todo o pequeno de catro anos que ata ten dificultades para durmir.

Pola súa banda, os pais xa consultaron cun avogado especialista en neglixencias médicas para emprender accións legais co obxectivo de que ningunha paciente teñan que pasar por algo semellante. Segundo denuncia Andrea ten constancia doutras pacientes que viviron situacións desagradables con esta facultativa.

Mentres tanto lamentan que nin a xinecóloga nin a dirección do hospital se teñan dirixido ata o momento á familia para darlles unha explicación do acontecido ou pedirlles desculpas.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí