SALNÉS> Pleno de victorias para os equipos do Salnés que xogaron o xoves. O Portonovo continúa a comandar a clasificación logo de vencer sen problemas ó Tomiño, mentres que Arousa e Sanxenxo mantéñense na loita polo ascenso. A sorpresa da xornada deuna o Ribadumia que venceu en Porriño.
{flowplayer}images/salnes/preferente_050410.flv{/flowplayer}
Consolídase no liderato o Portonovo. Os de Rial non fixeron unha boa primeira metade ante o Tomiño, pero na segunda souberon levar o choque ó seu lado para acabar goleando ó seu rival (3-0).
Comesaña abríu o marcador coa testa logo dun saque dende o curruncho. Mediado o segundo tempo, Nacho aproveitábase dun mal de despexe do porteiro visitante Jorge para ceder a Turu. O dianteiro arlequinado deuse a volta na frontal do área e o seu dereitazo acabou no fondo das mallas. A sentencia chegaría na prolongación, despois dun longa xogada de ataque do Portonovo, que culminou Diego Cebreiro en boca de gol.
Con esta victoria mantéñense líderes en solitario con catro puntos de marxe sobre o Estradense, que é terceiro.
Xusto por detrás dos da Baiuca camiña o Arousa, que sigue imparable e gañou ó Cruceiro 0-1. Pese ás numerosas baixas, os de Ricardo controlaron o encontro de comezo a fin e leváronse os puntos grazas a un tanto de Oliveira ós 37 minutos. Son seis victorias consecutivas antes de afrontar este mércores o encontro adiado en Carballiño, fronte ó Arenteiro, un choque de vital importancia para manter as opcións de ascenso dos vilgarciáns.
Tampouco pasou moitos apuros o Sanxenxo para superar ó Rapido de Bahía (3-0). Ós dous minutos Diego Blanco poñía en vantaxe ó seu equipo. Antes do descanso Suso Bea era derribado dentro do área. O colexiado sinalou penalti e Fontán non errou. O propio Fontán poría a puntilla tralo descanso. Os de Calucho son séptimos a seis puntos do segundo clasificado.
A sorpresa da xornada producíuse no Lourambal. O Ribadumia levouse os puntos e de paso fíixolles un favor a Sanxenxo, Arousa e Portonovo. Os de Carducho non se viñeron abaixo pese a encaixar un gol no primeiro minuto de xogo, e con tantos de Alezx e Manu Sieiro déronllela volta ó marcador e venceron ó Porriño por 1-2. Suman 42 puntos e atan a permanencia case de xeito matemático.
Redacción Salnés