O PP da Pobra critica a falla de socorristas nas praias

    POBRA> Segundo os populares é o único concello da zona que carece a estas alturas do verán de socorristas nos areais. Recollendo tamén o malestar de moitos usuarios dos areais, o PP da Pobra critica a xestión que está a realizar o goberno municipal deste tema. Para eles resulta inadmisible que a estas alturas do verán non haxa ningún socorrista nas prais, a pesar de que a Xunta lle concedeu este ano un número maior que o do ano pasado. O problema dos areais non é o único problema. Dende o Partido Popular non entenden esta ‘nova’ política de promoción turística que consiste basicamente na deixadez e no abandono. Así aluden á perda do servizo de travesías marítimas pola Ría ou a falla de limpeza en xeral que presentan as principais rúas e prazas do concello.