Ribeira promocionará os produtos da súa lonxa a través da Feira Gastromar

RIBEIRA> Entre o 10 e o 12 de setembro, Ribeira acollerá a primeira edición da Feira Gastromar. Non se trata dunha degustación gastronómica ó uso senón que este evento busca promocionar outras especies pesqueiras con menor valor comercial.

Poñer en valor as principais especies que se descargan na lonxa de Ribeira. Con este obxectivo, a asociación de empresarios e o concello en colaboración coas confrarías e OPMEGA, poñen en marcha a Feira Gastromar.

O evento terá lugar entre o 10 e o 12 de setembro na praza de España. Nace con vocación de continuidade polo que agardan unha gran resposta do público.

Os asistentes poderán degustar lirio, xarda, xurelo e outras especies que non acadan tanto valor comercial pero que ofrecen infinidade de posibilidades a través de diversas preparacións.

Haberá seis postos que ofrecerán peixe e marisco a degustar nunha carpa instalada na praza. Desenvolveranse ademais actividades complementarias como un obradoiro de cociña para os cativos o domingo a mediodía ou un showcooking o luns ás doce a cargo de Miguel Mosteiro. A organización estima repartir unhas tres mil racións entre tódolos asistentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí