O Decubal busca mañá ante a Sar completar un doblete histórico

SALNÉS> O Decubal pon mañá pola tarde o peche a temporada. Despois do título de liga acadado o hai unhas semanas co consecuente ascenso de categoría, os meañeses buscan agora completar o dobrete. Enfóntanse na final de Copa á Sar de Redondela.

Decubal Meaño e Sar de Redondela disputan mañá a partires das 18:00 a final de Copa. O Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra será o escenario deste encontro no que os de Pedro Pérez buscan acadar o segundo título de temporada, logo de alzarse coa liga e de paso ascender a Primeira Autonómica.

Os de Coirón acuden á cita en plenas condicións, sen baixas e coa ilusión de facer un bo papel, sabedores de que parten como favoritos. De feito o Decubal gañou tódolos partidos este ano tanto en Copa como en Liga tan só cedendo un empate en Santiago ante o Conxo. Precisamente os composteláns, que foron subcamipóns, antollábanse como rivais na finalísima, pero a Sar impediuno. Os redondeláns venceron na semifinal logo de facer valer o factor cancha; impuxéronse na casa por sete tantos e logo caeron na volta por cinco.

Os antecedentes son favorables ós meañeses. Decubal e Sar enfrontáronse na última xornada ligueira con victoria para os de Pedro Pérez por 26-29. No encontro de ida, alá polo mes de febreiro, o resultado fora de 32-23.

O noveno posto no que acabou a Sar en liga non debe servir para que os xogadores do Decubal se relaxen. Pedro Pérez xa advertíu que as claves do partido estarán na intensidade defensiva e en non permitir que o rival explote as súas virtudes: trátase dun equipo xoven, rápido e ó que lle gusta xogar ó contraataque.

A afección meañesa conta coa victoria do seu equipo para poñer un broche de ouro a unha temporada que, pase o que pase mañá, xa foi espectacular.

Redacción Salnés