Deputación e concello homenaxearán a Jorge Domínguez

    PONTEVEDRA> Colocarase un busto do ex rexedor nun lugar emblemático de Meaño.

    {flowplayer}images/salnes/ReunionLouzanUcha_261112.flv{/flowplayer} 

    Deputación de Pontevedra e Concello de Meaño traballan xa na celebración dunha homenaxe ó que foi o alcalde desta localidade durante os últimos 21 anos, Jorge Domínguez, falecido a semana pasada. Aínda que non hai nada concretado, a intención é colocar un busto do ex rexedor nalgún lugar emblemático do municipio. 

    Lourdes Ucha tomará posesión do seu cargo como nova alcaldesa o xoves, ás 20 horas. Antes de coller as rendas do goberno meañés xa quixo adiantar xunto co presidente provincial diferentes cuestións sobre actuacións necesarias para Meaño.

    Redacción Salnés