A Bienal de Arte de Pontevedra será inaugurada o venres

    bienal_vilagarcia100.jpgVILAGARCÍA> A Bienal de Arte de Pontevedra abre ó público este venres, pero en Vilagarcía xa se poden apreciar as obras …

    {flowplayer}images/salnes/bienal_vilagarcia1X.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A Bienal de Arte de Pontevedra abre ó público este venres, pero en Vilagarcía xa se poden apreciar as obras que están a confeccionar cinco artistas, tres galegos e dous caribeños.

    Este ano a Bienal que organiza a Deputación ten tres sedes, Pontevedra e Vigo onde as obras estarán en salas interiores, e a zona portuaria de Vilagarcía, a única ó aire libre que acolla manifestacións artísticas nesta trixésimo primeira edición.

    Un dos artistas é o portorriqueño Chemi Rosado, que está a facer unha pista de skate board, ó lado da zona Tir. Un deseño inspirado nas curvas dos arcos do convento Vista Aledre e da antiga ponte de pedra do río do Con. No porto tamén traballa Quico Pérez, con dúas actuacións, unha sobre un contedor preto dos cines e outra sobre as medianeiras da estrada que hai onde a rotonda do Ramal.

    Outro dos creadores é o boirense Olmo Blanco, cuns mosaicos na pasarela que une O Ramal coa praia da Concha. Moi preto está a traballar o vigués Nano 48 14, que está a facer un mural sobre a parede exterior dunha das naves do Ramal, que se poderá ver desde a praia. Nesa mesma nave, pero na parede que dá avenida da Mariña, Federico Herrero, de Puerto Rico, está a pintar outro gran mural.

    O venres, ás oito da tarde quedarán inauguradas oficialmente, coa presenza do conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e do presidente da Deputación, Rafael Louzán.

    Redacción Salnés