A Xunta adxudica reformas no pavillón do Antonio Magariños

    CAMBADOS> A Xunta de Galicia ven de adxudicar as obras de reposición da cuberta do pavillón deportivo do Centro Educativo Antonio Magariños de Cambados. Este anuncio facíase público esta mañá durante a visita ás obras de mellora da instalación eléctrica do Instituto Ramón Cabanillas, tamén na Capital do Albariño.

    A Xunta de Galicia adxudicou hoxe as obras de mellora e adecuación da cuberta da pista polideportiva do CEIP Antonio Magariños. Unha actuación que contará cun orzamento de máis de 76.000 euros e que comezarán nos próximos días. Os traballos consistirán na substitución dos materiais da cuberta existente por panel sándwich nervado, no reforzo da estrutura existente e na substitución do material utilizado no cerramento exterior nas partes onde xa existe e na colocación dun novo nas zonas que se atopaban abertas; co que se completará todo o peche perimetral desta pista polideportiva. Este anunciou foi feito público esta mañá durante a visita realizada ás obras de mellora da instalación eléctrica do Instituto Ramón Cabanillas, tamén na Capital do Albariño; por valor de case 47.000 euros. Estarán rematadas en dez días, antes do comezo das clases o vindeiro día 15. Estas actuacións veñen a sumarse a outras que xa viñeron acometéndose nos últimos tempos co fin de manter en perfecto estado, na medida do posible, as infraestructuras educativas deste Concello.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/27/cabanillas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/27/arranxo_ies_cabanillas.mp4{/flowplayer}