O XXXV Ciclocross Concello de Boiro reunirá a preto de 400 deportistas

BOIRO> Preto de 400 deportistas daranse cita na trixésimo quinta edición do CicloCross Concello de Boiro que organiza o Club Ciclista Barbanza. A proba, puntuable na Copa Galicia, disputarase o 6 de decembro.

Boiro acollerá unha das súas probas deportivas máis senlleiras o próximo martes día 6 de decembro. Trátase do Ciclocross Concello de Boiro que reunirá na vila a máis de 400 deportistas procedentes de toda Galicia e outras zonas de España e Portugal.

A proba discorre por un circuíto duns tres mil metros, nas inmediacións do Río Coroño, que combina prado, area, terra e asfalto.

Ademais desa beleza e singularidade do percorrido, ten a honra de ser o circuíto máis lonxevo de toda Galicia. A proba é puntuable para a Copa Galicia.