![]()
SALNÉS> Este segundo período de captura correspóndese cunha medida experimental da Xunta que permitirá a extracción deste molusco no verán.
{flowplayer}images/salnes/APERTURA_VEDA_CENTOLA.flv{/flowplayer}
Os mariñeiros galegos poderán volver á extracción da centola a partires do próximo mércores. A Consellería do Mar anunciou esta data para a apertura do segundo período do ano de captura deste molusco, que rematará o vindeiro mes de agosto.
Deste xeito, a Xunta pon en marcha unha medida experimental recollida no Plan Xeral de Explotación Marisqueira para este ano que permite a captura de centola durante o verán. E é que tradicionalmente a campaña comezaba en novembro e se pechaba a finais de xuño do ano seguinte. Sen embargo, segundo a Consellería do Mar, os seus técnicos propuxeron vedar a centola en abril e maio, época de desove, a cambio de que se poida extraer en xullo e agosto. Despois deste tempo, a campaña volverá pecharse ata o inverno.
A pesares de que esta medida foi aprobada, o sector pesqueiro arousán non está moi convencido da súa efectividade. Segundo os armadores, o marisco acadará prezos máis altos ó poder extraerse na época de máis auxe turístico, sen embargo sinalan que a partires do mes de xuño é complicado atopar centola boa en Galicia.
As estimacións calculan que nesta campaña, que establece os 12 centímetros como tamaño mínimo para a captura legal da centola, participarán uns 200 mariñeiros do sector pesqueiro arousán, sobre todo dos portos de O Grove, Cambados e Portonovo.
Redacción Salnés







