Defensa do Patrimonio propón elevar a ponte de Vista Alegre

    ponte_vistalegre100.jpgVILAGARCÍA> Trala reunión mantida este martes entre o alcalde e o presidente de Augas de Galicia, volven a saltar as alarmas sobre a ponte de Vista Alegre.

    {flowplayer}images/salnes/comision_patrimonio_vista_alegre.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Trala reunión mantida este martes entre o alcalde de Vilagarcía e o presidente de Augas de Galicia, volven a saltar as alarmas sobre a ponte de Vista Alegre.

    O goberno local ten intención de estudiar o informe de Augas de Galicia que aconsella o traslado desa ponte. O presidente da Comisión Cidadá pola Defensa do Patrimonio, Manuel Morales, considérase con este asunto no medio de dous lumes. Defende o valor histórico da ponte pero, ó mesmo tempo, non vería con malos ollos unha reforma.

    Para Manuel Morales, tocar o resto das pontes do río do Con é máis factible e considera que o principal problema se atopa na desembocadura. Entre os cidadáns tamén escoitamos voces en defensa da ponte de Vista Alegre, pero tamén os hai que entenderían que tocasen esta infraestructura para evitar inundacións como as vividas en 2006.

    Desde a Comisión Cidadá pola Defensa do Patrimonio esperan que tanto Concello como Augas de Galicia teñan en conta a opinión dos vilagarciáns antes de tomar unha decisión ó respecto.

    Redacción Salnés