Diferentes manifestacións e actos por todo O Salnés reivindican a igualdade entre mulleres e homes

O SALNÉS> En tódolos concellos da nosa contorna sucedéronse hoxe actos para evidencia-la desigualdade na nosa sociedade, a discriminación que sofren moitas mulleres e denuncia-la violencia machista. Iniciamos o noso percorrido en Cambados, onde ducias de mulleres concentráronse ás portas da Casa do Concello.

Nin os agoiros de chuvia frearon esta os berros reivindicativos das ducias e ducias de mulleres que esta mañá saíron á rúa en Cambados para  reivindica-la igualdade entre homes e mulleres. Din que sobran os motivos para ir á folga: discriminación social, fenda salarial, teitos de cristal, violencia machista ou a obriga ás que moitas se ven sometidas de ter asumir de forma esmagadora a meirande parte das tarefas domésticas  ou o coidado dos fillos.

Na concentración, tamén moitas mozas que queren rachar cunha sociedade na que se senten discriminadas, só polo feito de ser mulleres.

Na concentración, as mulleres non estiveron soas. Nun segundo plano, tal como lles correspondía hoxe nesta folga feminista, algúns homes se quixeron sumar ós paros convocados.