Os malos resultados do BNG levan a Nando Casal á dimisión

    nandocasal copia100.jpg CATOIRA> Esta renuncia provoca a entrada de Chema Otero na corporación de Catoira, que fora o número catro da candidatura nacionalista.

    {flowplayer}images/salnes/NANDO_CASAL_ABANDONA.flv{/flowplayer}
    Nando Casal, candidato do BNG en Catoira, non tomará posesión do seu posto como concelleiro no pleno do municipio. Despois de catro anos dedicado á política local, Casal fixo pública a súa decisión esta fin de semana, tras reunirse coa asemblea local do seu partido e poñer a disposición da organización nacionalista o seu posto. A pesares dos ánimos da militancia para que continuara á fronte do partido, Casal optou pola retirada.
    Esta decisión ven motivada polos malos resultados conseguidos polo BNG en Catoira nas pasadas eleccións municipais. Os nacionalistas continúan a ser a segunda forza máis votada do concello, pero cunha redución dun 12% dos sufraxios con respecto ós resultados do 2007. Unha caída que se traduciu na perda dun concelleiro, pasando de catro a tres e que deixa á formación lonxe de cumprir as expectativas para estes comicios.
    A renuncia de Nando Casal provoca a entrada de Chema Otero na corporación de Catoira. O que fora o número catro da candidatura nacionalista, pasará a formar parte do pleno xunto a Loli Lobato e á veterana Margarita García.
    Redacción Salnés