RIBEIRA> Amicos inicia un proxecto de colaboración internacional no marco do programa Erasmus Inc Leisure. A iniciativa ten por obxectivo a formación de persoal técnico e docente para mellorar a inclusión dos nenos en idade escolar en espazos non formais.
O centro de recursos educación especial de AMICOS acolleu esta mañá a primeira xornada do programa Erasmus Inc Leisure no que colaboran outros centros de España, Portugal e Macedonia. A de hoxe, foi unha primeira toma de contacto para organizar o cronograma das actividades que se desenvolveran ó longo de 24 meses.
No proxecto participa a asociación Babilon de Alicante e dous colexios públicos de Portugal e Macedonia que buscan o intercambio de experiencias e posta en común de boas prácticas para favorecer a inclusión dos nenos con diversidade funcional en espazos non formais.
Precisamente a inclusión dos nenos a través do xogo é un dos eixos de acción fundamentais de AMICOS que leva tempo traballando neste obxectivo a través do seu equipo Bada Boom,. Neste ano xa levna formados a 115 docentes, polo que este proxecto europeo supón un paso máis no camiño para a integración plena dos nenos con diversidade.