O colexio Pilar Maestú acolle a clausura da Axenda 21 Escolar

    remateaxenda21_100.jpgA POBRA> Máis dun cento de alumnos de infantil e primaria clausuraron esta iniciativa que aborda temáticas dende o punto de vista da sostibilidade.

    Durante toda a xornada escolares de Santiago de Compostela, Catoira, A Pobra e Muros tomaron parte en distintas actividades enmarcadas nas xuntanzas da Axenda21 Escolar baixo o lema ‘O alumnado é o protagonista’: O obxectivo educar na sostibilidade a través dunha participación activa.

    {flowplayer}barbanza/remateactividadesaxenda21.flv{/flowplayer}

    O longo da mañá, en quendas rotatorias os rapaces participaron nunha xincana interactiva para reflexionar sobre distintas actitudes e comportamentos perante o medio ambiente e o consumo.

    Xantar saudable

    Logo dos xogos un pequeno descanso para o xantar. Os rapaces coñeceron a través da campaña Ponlle as pilas ó teu bocata o mellor xeito de facer un bocadillo saudable e divertido con produtos do mar e vexetais frescos. A xuntanza pechouse con unha serie de obradoiros de sensibilización que lles serviron ós alumnos para comprender o entorno no que viven e coñecer cal é o mellor xeito de protexelo e coidalo. Entre todos abordaron temas como o consumismo, a contaminación ou as desigualdades sociais.

    Balance positivo

    Estas actividades desenvolvidas no colexio Pilar Maestú da Pobra pecharon por este curso a Axenda 21 Escolar que finalizou cun balance moi positivo. Ó longo destes meses participaron nesta iniciativa preto de mil alumnos de 53 centros educativos de primaria e secundaria de toda Galicia.

    Redacción Barbanza