Arranca a campaña da centola coa baixada dos prezos en lonxa

    fotocentolacopia.jpg GROVE> A Consellería do Mar puxo en marcha este ano unha medida experimental que permitirá a extracción deste molusco durante ata o mes de agosto.

    {flowplayer}images/salnes/AperturaCampanaCentola.flv{/flowplayer}

    Hoxe arranca a campaña de captura da centola, que se manterá ata o vindeiro mes de agosto.

    Tradicionalmente o período de captura desta especie ía dende o mes de novembro ata o de xuño, pero este ano púxose en marcha unha medida experimental que permitirá a extracción deste molusco durante o verán.

    Trátase dunha iniciativa proposta polos técnicos da Consellería do Mar, que consiste en vedar a centola en abril e maio, época de desove, a cambio de poder extraela en xullo e agosto.

    Nun principio a medida non foi moi ben recibida polos mariñeiros arousáns, que ven complicado atopar centola de calidade a partires do mes de xuño. A parte positiva é que a afluencia de turistas durante a época estival pode favorecer que suban os prezos.

    Os portos de O Grove, Cambados e Portonovo son os que teñen máis barcos adicados a centola.

    Redacción Salnés