RIBEIRA> O executivo de Ribeira sacou adiante a súa proposta de orzamentos para 2024. O pleno deu luz verde á tramitación inicial das contas a pesar da oposición do PP que criticou duramente o retraso na aprobación así como a falla de diálogo para achegar propostas.
O pleno de Ribeira aprobaba inicialmente a pasada tarde os orzamentos de 2024. As contas, que ascenden a máis de 31 millóns de euros, contaron co respaldo dos tres grupos que conforman o executivo. defenderon que se trata dun presuposto prudente e realista, aínda que lastrado polas débedas pendentes da anterior lexislatura.
Pola contra o PP votou en contra dunhas contas que veñen fóra de prazo para afrontar partidas xa executadas que, din, evidencian a parálise do goberno.
Ademais os populares criticaron o escaso diálogo co seu grupo que non puido realizar as achegas correspondentes así como a falla de participación veciñal a pesar dos compromisos adquiridos polo goberno de destinar unha partida a cada parroquia cuxo destino sería decidio pola veciñanza.