BARBANZA> O temporal na mar, que se prolonga xa preto dunha semana, está a provocar o desabastecemento de peixe e marisco nos mercados da comarca. A escaseza de produto, que repercute nun gran incremento dos prezos, derivou nun descenso nas vendas nunha semana que tradicionalmente era das mellores do Nadal para os vendedores.
{flowplayer}barbanza/desabastecementomercados.flv{/flowplayer}
As praceiras de Ribeira non lembran unha campaña de Nadal tan mala como a deste ano. Tradicionalmente a semana de Fin de Ano soe ser unha das mellores en canto a vendas xa que os prezos se estabilizan e a xente se anima a mercar.
Sen embargo, este ano o temporal xogoulles unha mala pasada a produtores e vendedores. A escaseza de peixe e marisco encareceu os prezos que nalgunhas especies de marisco mesmo chegaron a triplicarse.
Cos prezos polas nubes son poucos os que se animan a mercar e nin tan sequera a achegarse ós mercados que nestes días apenas están a rexistrar afluencia de xente.
Aqueles máis previsores xa mercaron con antelación para a cea de Noitevella. Os que non, deberán rascarse o peto se queren servir algún marisco para despedir o ano.
Redacción Barbanza