![]()
O SALNÉS> Prudencia é a petición que fan desde o goberno galego ante os últimos datos sobre o paro en toda a comunidade e tamén a nivel nacional.
{flowplayer}images/salnes/datos_paro_mes_maio.flv{/flowplayer}
Se ven a baixada en toda España foi de case 80.000 persoas e en Galicia de case 4.650 persoas; hai que ter en conta que no mes de maio este descenso pode estar vinculado directamente á chegada da tempada estival; co que haberá que agardar a ver se é unha tendencia que se mantén.
A diminución dos desempregados foi xeralizada a tódolos tramos de idade e a tódolos sectores productivos co que o aumento do emprego parece encauzarse, alomenos puntualmente. Na provincia da Coruña o paro baixou en 1.347 persoas, quedando aínda case noventa e cinco mil desempregados, namentres en Pontevedra conseguiron emprego 1.529 neste último mes, co que a cifra global de parados é de case noventa e seis mil persoas. Unhas cifras, que segundo a opinión da rúa, volverán a baixar cando pase a tempada estival.
Xa no Salnés a cifrada de persoas demandantes de emprego supera ás 11.200 e no Barbanza ás 5.100; sendo Vilagarcía, Rianxo e Ribeira os concellos nos que máis medrou o emprego; e Ribadumia e Meis onte descendeu.
Redacción Salnés









