Vilanova aposta pola formación agrícola para saír da crise

    vilanova100.jpgVILANOVA> O Concello de Vilanova considera esencial potenciar os cursos agrarios para axudar ós veciños a saír da crise económica.

    {flowplayer}images/salnes/obradoiros_agricultura_vilanova.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> O Concello de Vilanova considera esencial potenciar os cursos agrarios para axudar ós veciños a saír da crise económica.

    O alcalde Gonzalo Durán asegura que a situación actual está a provocar unha volta ó campo polo que cre necesario apostar pola formación neste eido. O primeiro destes cursos será o de auxiliar de agricultura, que se desenvolverá no Pazo de Vista Real, unha vez que xa están homologadas as aulas e a finca agrícola.

    Ademais, o vindeiro luns iniciaranse no local social de Amigos da Música de San Miguel de Deiro outros tres cursos, para os que xa se poden inscribir: aplicador e manipulador de productos fitosanitarios, plagas e enfermidades da vide e agricultura ecolóxica e produción integrada.

    A oferta formativa complétase cun curso de empregado de oficina que se desenvolverá na casa de cultura do Esteiro, con 828 horas lectivas e 60 horas de prácticas en empresas.

    Redacción Salnés