![]()
VILAGARCÍA> A directora do Intecmar falou con eles para tratar de explicarlles que aínda faltan análises para que esta zona poida ser catalogada coma zona apta para a extracción.
{flowplayer}images/salnes/ConcentracionMariscadorasIntecmar.flv{/flowplayer}
Segundo os mariscadores, a Xunta enganounos ó asegurarlles nun principio que só era preciso realizar seis análises, mentres que agora lle din que son doce.
Sen embargo, dende o Intecmar aseguran que nunca se lles dixeron as mariscadoras que as probas foran 6, posto que se trata dun procedemento que ten que facerse de acordo coa lexislación europea e da mesma maneira para tódolas confrarías.
A presidenta das mariscadoras, asegurou que dende a directiva intentaron retrasar a concentración todo o que puideron, ata que o colectivo non aguantou máis.
Segundo a directora do Intecmar, dende o Instituto están a facer todo o posible por acelerar o proceso, aumentando a frecuencia de mostraxe que agora é quincenal, e se todo vai correctamente o banco reabriríase en agosto.
As malas relacións coa patrona maior do pósito vilanovés fixo que na concentración se viviran momentos de tensión.
A directora do Instituto recibiu as representantes do colectivo, entre elas a patrona maior, pero os gritos e as descalificacións acabaron por facer que tivera que saír do edificio.
Redacción Salnés










