POIO> Continúan os torneos de futbol para rapaces. Se a semana pasada foi a Arousa Futbol 7 e a Copa do Futuro, mañá e o domingo celébrase o Trofeo Concello de Poio de Futbol 7. Máis de mil nenos participarán neste evento que conta como padriños deste ano co adestrador Milo Abelleira e os xogadores do Pontevedra B Alex Freire e Javi Nogueira.
{flowplayer}images/salnes/futbol7_030611.flv{/flowplayer}
O alcalde de Poio, Luciano Sobral e a concelleira de deportes, Margarita Caldas, presentaron onte a que será a oitava edición do Trofeo Concello de Poio de Futbol 7. O evento terá lugar no complexo deportivo Miguel Anxo Pazos e reunirá a máis de mil rapaces de 78 equipos de toda a provincia, nas categorías benxamín e alevín.
O alcalde pola súa parte quixo remarcar o aspecto formativo deste tipo de eventos e os valores educativos que del se desprenden.
Deceas de rapaces e pais acudiron á presentación do evento no que estiveron presentes os padriños do torneo deste ano: o que será adestrador do Pontevedra esta temporada, Milo Abelleira, e os xogadores do filial granate Álex Freire e Javi Nogueira.
Redacción Salnés