Outes estreará a nova casa do concello antes de fin de mes

novoconcellooutes_100.jpgOUTES> As obras acaban de finalizar e actualmente dótase ó inmoble de mobiliario e equipamento necesario para poder reiniciar a actividade.

Antes de remata-lo mes de xuño, os funcionarios e demais persoal do concello outense trasladaranse á casa consistorial que vén de ser remodelada. As novas instalacións entrarán en servizo unha vez se complete a dotación de mobiliario e redes de comunicación. O persoal e usuarios disporán de maior espazo, posto que se acometeu unha ampliación de catrocentos metros cadrado. Ademais reformáronse as dependencias xa existentes dotándoas de máis funcionalidade e accesibilidade.

{flowplayer}barbanza/novoconcellooutes.flv{/flowplayer}

Os traballos contemplaron tamén melloras estruturais que foron xurdindo durante o propio desenvolvemento das obras, posto que se trata dun edificio moi antigo. Estas tarefas introduciron demoras no prazo de execución.

A execución das obras supuxo un orzamento aproximado de millón e medio de euros, que foron sufragados na súa maioría a través de subvencións da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

Redacción Barbanza